mércores, 16 de outubro de 2013

AVISO IMPORTANTE!!!

Estou a comprobar os correos que me mandastes. ¡¡¡AÍNDA HAI XENTE QUE NON ME MANDOU O SEU ENDEREZO DE CORREO !!!!

Moi mal os que nin sequera mandastes o voso correo. Así vamos mal. Para o venres quero ter todos. Non teño a lista de todos vos, pero así de memoria faltan as direccións de Brais e Paula.

Cambiando de tema: Se están a dar os premios Nobel. Para que vexades que o mundo da ciencia non é tan aburrido recoméndovos estes Nobel alternativos. Soen ser moi graciosos. Incluso as entregas se poden ver por you tube. A dirección da web é: http://www.improbable.com/category/ig-nobel/

Por outro lado puxen na lista de blogs uns  blogs premiados  DE MODA para que vexades a estética, o deseño, a colocación de gadgets,...Ahí terán que ir os vosos cando teña a dirección dos vosos blogs. POR CERTO TEDES QUE MANDALA nun correo electrónico.
 Atopei outros blogs premiados en: http://blog.rtve.es/premiosbitacoras/2012/11/finalistas-mejor-blog-de-ciencia.html Podedes ir para ver como o fan outros. Fixádevos na estrutura, deseño, colocación dos gadgets,... Non importa tanto o que din.
Ata outra e traballade como estas esquíos de terra!!!!!
¡¡Que dura é a vida!!
¡¡Que dura é a vida!!

¡¡saca axiña a foto que me teño que ir a roer por aí!!
¡¡Facendo amigos!!





2 comentarios: