Sobre o tema de drogas hai webs do departamento de saúde dos Estados Unidos que están moi ben. Son moi informativas e ás veces tratan os aspectos científicos do tema, non só dando "bos consellos".
Para o temas das drogas en xeral podedes atopar moita información en:
NIDA: National Institute on Drug Abuse: http://www.nida.nih.gov/researchreports/
Dende aí podedes buscar "En español" ou "Spanish Research Reports" se non andades moi ben co inglés. Veredes que o español ás veces é un tanto "curioso" e poden soar algunhas palabras un pouco raras ("reporte" por "informe", etc). Podes atopar informes sobre moitos tipos de drogas.
Tamén hai unha web do NIDA propia para xóvenes. Ao mellor che gusta máis. Parece máis atractiva e dinámica, pero creo que non teñen versión en español. Bótalle unha ollada a ver que che parece: http://www.teens.drugabuse.gov/
Aínda que está pensado como materiais para o profesor tamén podedes aproveitar: http://teens.drugabuse.gov/educators/lesson-plans-and-materials/mind-over-matter
Para o tema do alcohol teñen outra web especificamente adicada ao tema: (tamén teñen tradución ao español, aínda que non todos os artigos)
NIAAA: National institute on Alcohol Abuse and Alcoholism: http://www.niaaa.nih.gov/publications/brochures-and-fact-sheets
Nós tamén temos webs oficiais. Na Xunta tedes: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=30022 Dende aí podedes buscar.
E en España temos o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade e Consumo: http://www.pnsd.msc.es/Categoria1/otras/geograf/esp_geog.htm
Tamén pode ser interesante botar unha ollada á FAD (Fundación de Axuda á Drogadicción): http://www.fad.es/Home
¡¡Despois de todo isto ídevos converter nuns especialistas (ollo, falo só no aspecto científico) na materia!!
Se atopades algunha web interesante ou outro recurso (vídeo, documental,...) non esquezades facer un comentario.
Ata outra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario