mércores, 20 de novembro de 2013

ACTIVIDADE 8: SOFTWARE E HARDWARE

Tipos de Software

Define brevemente no teu blogue os seguintes termos relacionados có Software da páxina de GNU ou da páxina sobre Software libre en  Tecnoloxia.org

  • Software libre
  • Software de código aberto
  • Software de dominio público.
  • Software privativo.
  • Shareware.
  • Freeware.
  • Software comercial


Crea unha táboa na que poñas, como mínimo, dous exemplos de diferente tipo de Software  que servan para unha mesma aplicación : (por exemplo como programa de debuxo Paint é S. privativo, Draw é S.libre) e pubícaa nunha entrada.

  • Sistemas operativos
  • Procesador de texto
  • Folla de cálculo
  • Editor de imaxes
  • Navegador web
  • Antivirus
  • Xogo
  • Outros que suxiras

Para aclarar máis as ideas vede o vídeo sobre software libre de tecnoloxia.org




Despois editade a imaxe seguinte, procurando simplificala:



E ademáis creade unha imaxe similar con algún dos outros tipos de software.

martes, 19 de novembro de 2013

ACTIVIDADE 7: LIÑAS DO TEMPO

Hai unha forma de presentación que se chama LIÑAS DO TEMPO. Para presentar unha información cronolóxica pode ser moi interesante. Por exemplo ides presentar a evolución da Física e da Química cun destes programas.
LIÑAS DO TEMPO: Podedes ver un titorial Timerime:
Crea unha conta en TIMERIME ou en TIMETOAST, (seguindo ás instruccións do titorial é sinxelo) e presentade o voso traballo sobre a historia da FÍSICA e da QUÍMICA nunha liña de tempo. Aquí tedes un exemplo dunha liña de tempo sobre a historia da Ciencia para inspiraros: www.timetoast.com/timelines/51558

Outro programa que podedes usar se vos gusta máis é : XTimeline: http://www.xtimeline.com/http://www.xtimeline.com/

Compartide as actividades con ALEJANDROINFORMATICA4ABC@gmail.com e publicádeas no blog coa etiqueta correspondente.



martes, 12 de novembro de 2013

ACTIVIDADE 6: PRESENTACIÓN PREZI

Unha vez que teñades conta en PREZI podedes facer unha presentación nun formato moi orixinal. Iredes facendo unha especie de zoom sobre as diapositivas da presentación. Na páxina de PREZI podedes buscar manuais e prezis de mostra. Eu atopei na Web este vídeo:

Odedes ir ao canal que ten PREZI en YOUTUBE:http://www.youtube.com/PreziVideoChannel

ACTIVIDADE 5. PRESENTACIÓN EN GOOGLE DRIVE: SEXUALIDADE

Imos empregar un recurso da Web: GOOGLE DRIVE
Tedes que ter unha conta de correo en Gmail. Unha das persoa do equipo vai ser a "directora" que invite aos outros a traballar e editar a presentación.
Tedes un folleto informativo como base para comezar a traballar. Podedes buscar máis información na Web.
Recordade que a presentación non é un informe. Procura condensar as mensaxes e as informacións do xeito máis conciso e visual posible.Emprega imaxes, vídeos, sons,...

mércores, 6 de novembro de 2013

Hoxe falamos de sexualidade

Aquí tedes o que comentamos na clase. É o vídeo das TED Talks no que helen Fisher fala de porque amamos. É unha visión dunha bióloga e antropóloga. Recoméndovos que vaiades á súa páxina web:






A súa web é : http://www.helenfisher.com/ Está en inglés, pero xa sabedes que tedes que afaceros a esa língua, polo menos para ler.
Xa seguiremos a falar.

luns, 4 de novembro de 2013

Hoxe falamos das DROGAS

Ola. Estiven vendo un programa documental na TVE2: REDES  (de Eduard Punset). Aínda que nunha entrevista de 30 minutos non se pode profundizar moito, pareceume interesante. Podíades vela e na clase se queredes comentamos. O vídeo o tedes aquí:

É moi importante que neste tema te informes ben. Pode que en temas de saúde non sexa conveniente buscar ao chou na rede poñendo nun buscador termos moi xerais. O bo da rede é que hai moita información, pero o malo é que pode escribir calquera, aínda sen coñecer o tema ou distorsionándoo en función das súas preferencias. Trátase de buscar nas webs máis "científicas" posibles, e esas son as dos gobernos e as das institucións de investigación. Tamén nas ONGs. En xeral se atopas o dominio .gov ou .org ou .edu, as webs son de confianza e poderás atopar verdadeira información.

Sobre o tema de drogas hai webs do departamento de saúde dos Estados Unidos que están moi ben. Son moi informativas e ás veces tratan os aspectos científicos do tema, non só dando "bos consellos".
Para o temas das drogas en xeral podedes atopar moita información en:

NIDA: National Institute on Drug Abuse: http://www.nida.nih.gov/researchreports/
Dende aí podedes buscar "En español" ou "Spanish Research Reports" se non andades moi ben co inglés. Veredes que o español ás veces é un tanto "curioso" e poden soar algunhas palabras un pouco raras ("reporte" por "informe", etc). Podes atopar informes sobre moitos tipos de drogas.

Tamén hai unha web do NIDA propia para xóvenes. Ao mellor che gusta máis. Parece máis atractiva e dinámica, pero creo que non teñen versión en español. Bótalle unha ollada a ver que che parece: http://www.teens.drugabuse.gov/

Aínda que está pensado como materiais para o profesor tamén podedes aproveitar: http://teens.drugabuse.gov/educators/lesson-plans-and-materials/mind-over-matter


Para o tema do alcohol teñen outra web especificamente adicada ao tema: (tamén teñen tradución ao español, aínda que non todos os artigos)
NIAAA: National institute on Alcohol Abuse and Alcoholism: http://www.niaaa.nih.gov/publications/brochures-and-fact-sheets

Nós tamén temos webs oficiais. Na Xunta tedes: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=30022 Dende aí podedes buscar.

E en España temos o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade e Consumo: http://www.pnsd.msc.es/Categoria1/otras/geograf/esp_geog.htm

Tamén pode ser interesante botar unha ollada á FAD (Fundación de Axuda á Drogadicción): http://www.fad.es/Home

¡¡Despois de todo isto ídevos converter nuns especialistas (ollo, falo só no aspecto científico) na materia!!

Se atopades algunha web interesante ou outro recurso (vídeo, documental,...) non esquezades facer un comentario.
Ata outra.