ACTIVIDADE 4: POSTS CON AUDIO
Aquí tedes un reproductor de audio mp3. Como no video hai que copiar o código html do reproductor e pegalo no post en modo HTML.
Podedes atopar reproductores co código HTML en: http://flash-mp3-player.net
Claro que así só teredes o reproductor coa música de mostra. Se queredes arquivos vosos, teredes que darvos de alta e acceder a DROPBOX. Alí na carpeta "Public" creades unha carpeta "Music" e ides metendo os arquivos mp3 que desexades para o voso blog.
Despois hai que copiar a dirección do arquivo mp3 aloxado en DROPBOX no código do reproductor en HTML. O problema é atopar a etiqueta e o valor onde hai que pegar a URL do arquivo. Mellor velo na clase.
Ata outra!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario