mércores, 11 de xuño de 2014

ACTIVIDADE 12: HTML E PÁXINAS WEB

Imos traballar cunha linguaxe que se emprega na web: HTML (HyperTextMarkupLanguage: Linguaxe de Marcadores/etiquetas de Texto).
Non vai ser tan difícil como parece ao principio. Teredes unhas fotocopias coas etiquetas (tags) máis importantes e cos atributos que se lles pode dar. Vouvos pasar tamén algúns exemplos feitos para que vos sirva de exemplo. Vos os adaptaredes ao voso tema.
Iso sí, tedes que ser extremadamente metódicos e sistemáticos para que o navegador vos entenda. Se escribides mal unha etiqueta o poñedes algunha cousa que non recoñeza o navegador,  non vos sairá nada.
Existen editores de páxinas web gratuítos como KOMPOZER. Tamén por suposto de pago, e o mellor segundo os expertos é DREAMWEAVER. O nome xa promete: tecedor de soños (en inglés).
Vos enviarei a ligazón dos arquivos por correo.
Os temas que teredes traballar como mínimo son:

  1. Formateado de texto básico.
  2. Formateado de texto ampliación . Inserción de imaxes.
  3. Enlaces externos (páxinas web alleas) e internos (páxinas, imaxes, sons,...do noso sitio web)
  4. Uso de táboas para maquetado da nosa páxina: colocación de texto e imaxe en celdas ocultas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario