domingo, 13 de outubro de 2013

ACTIVIDADE 1: REPASO WORD

ACTIVIDADE 1: EXERCICIOS DE REPASO DE WORD

Tedes que facer un traballo de repaso de word. É imprescindible saber formatear un texto e facer deseños, saber traballar con táboas, esquemas, etc.
Tedes que entregar no meu correo, nun arquivo zip, unha carpeta co voso nome, apelidos e a palabra "word", os seguintes traballos:

  • Traballo de formateado básico: texto con destrezas básicas.
  • Uso de táboas: horario de clase.
  • Uso de tabulacións: directorio de teléfonos.
  • Uso de cadros de texto e formas: mapa conceptual do método científico.
Seguro que vos resulta moi doado xa que teño entendido que sodes uns expert@s na materia!!!

Para os despistados lles recordo que a miña dirección de correo é:

alejandroinformatica4abc@gmail.com

1 comentario: