IMAXES: Teredes que insertar imaxes no blog. É moi sixelo xa que tedes a icona de inserción de imaxes en modo Redacción. O único é que tedes que ter gardada na vosa carpeta a imaxe que queredes insertar. Podédela descargar de Flick Creative Commons. Se colledes fotos na modalidade "Attributtions" non haberá problemas co copyright xa que son imaxes de libre uso. Agora non ten moita importancia, pero se ides facer un blog serio e vos facedes famosos, seguro que non vos apetecerá ter problemas cos autores.
A imaxe se pode insertar con distintos tamaños, alinear, .... Investiga seleccionándoa e premendo o botón secundario para ver as opcións.
VIDEOS: Tedes videos de titoriales de BLOGGER en youtube. Trátase de rebuscar ata atopar algún bo que che axude a desenvolver toda a capacidade do programa.
Teredes que saber insertar videos no voso propio blog e non só enlaces a youtube. O xeito é ir a youtube e buscar o video que che interese. Despois terás que seguir os seguintes pasos.
- Ide a YOUTUBE e seleccionade o video que vos interese colocar no voso blog.
- Premer o botón Compartir. Verás despregados os botóns "Caixa de texto" e "Insertar"
- Premer o botón Insertar
- Copiar o código que aparece na caixa. (Seleccionao e preme Ctrl + C)
- Observa outras posibles opcións.
- No post debes cambiar a modo HTML (non se pode pegar directamente en modo Redactar). Non te preocupes do que vexas aí, son códigos que xa estudaremos. Todo parece diferente: non hai formato de texto, desapareceron as imaxes,...
- Coloca o cursor onde queras insertar o video.
- Pulsar Intro para separar o código do texto.
- Pegar (Ctrl + V) o código.
- Volver ao modo Redactar.
- Nunca esquezas gardar os cambios importantes que vas facendo.
- Volve ao modo Redacción. ¿Aparece o video?
Ningún comentario:
Publicar un comentario