xoves, 12 de xuño de 2014

DESPEDIDA DO CURSO

Espero que teñades aprendido algo neste curso. Cando lle contei á rapaciña da fotografía de abaixo como vos comportades e como traballades, fixádevos na expresión de dor e pena que se lle puxo:

mércores, 11 de xuño de 2014

Aquí tedes uns vídeos de FÍSICA e QUÍMICA interesantes:



RACING BALLS IN DIFFERENT TRACKS:
  • Animación para xogar a ver se acertas: ANIMACIÓN
  • Vídeo: tes que clicar na imaxe de arriba: VÍDEO
OTROS VIDEOS:
</ br>


ACTIVIDADE 12: HTML E PÁXINAS WEB

Imos traballar cunha linguaxe que se emprega na web: HTML (HyperTextMarkupLanguage: Linguaxe de Marcadores/etiquetas de Texto).
Non vai ser tan difícil como parece ao principio. Teredes unhas fotocopias coas etiquetas (tags) máis importantes e cos atributos que se lles pode dar. Vouvos pasar tamén algúns exemplos feitos para que vos sirva de exemplo. Vos os adaptaredes ao voso tema.
Iso sí, tedes que ser extremadamente metódicos e sistemáticos para que o navegador vos entenda. Se escribides mal unha etiqueta o poñedes algunha cousa que non recoñeza o navegador,  non vos sairá nada.
Existen editores de páxinas web gratuítos como KOMPOZER. Tamén por suposto de pago, e o mellor segundo os expertos é DREAMWEAVER. O nome xa promete: tecedor de soños (en inglés).
Vos enviarei a ligazón dos arquivos por correo.
Os temas que teredes traballar como mínimo son:

  1. Formateado de texto básico.
  2. Formateado de texto ampliación . Inserción de imaxes.
  3. Enlaces externos (páxinas web alleas) e internos (páxinas, imaxes, sons,...do noso sitio web)
  4. Uso de táboas para maquetado da nosa páxina: colocación de texto e imaxe en celdas ocultas.



mércores, 2 de abril de 2014

ACTIVIDAD 11: AUDACITY

Imos traballar cun programa de edición de audio.
Teredes que descargar uns arquivos que teño compartidos con vos  no meu Google Drive. Xa vos mandei un link ao voso correo. Hai que seguir as indicacións do manual. Non desesparedes!!!
Pode ser un programa moi interesante para non só facer retoques e edicións de audio, tamé se pode "colgar" na rede archivos de audio como podcasts: informativos, charlas, debates, clases,...¡PODE SER UNHA PROFESIÓN CON MOITO FUTURO! Hai xente que se gaña a vida colgando podcasts educativos. Eu escoito  frecuentemente un podcast de aprendizaxe do inglés: ESLPodcast. É un podcaster de Los Ángeles que leva moitos anos gañándose a vida por internet. Ten podcasts gratuitos e despois unha páxina web para matricularse en cursos de pago. ¡Coa internet a forma de gañarse a vida se ampliou moito!
Vouvos pasar unhas direccións interesantes para ver manuais de Audacity:


Para empezar tedes dabondo. Agora só queda poñerse a traballar!!!

martes, 1 de abril de 2014

Videos interesantes de TED

Como siempre hay mucha información y "formación" ahí fuera. El ¿problema? es que muchas veces está en inglés. Al principio te costará "hacerte" al idioma. Muchas veces puede resultar frustrante, pero no hay otro secreto que la perseverancia, el esfuerzo y la ganas de querer dominarlo.
Si consigues poco a poco y con ¡los años! hacer el esfuerzo, al final te encontrarás con una herramienta que te va a permitir abrirte a un mundo mucho más amplio y diverso del que estás acostumbrado. Tu mente se abrirá a nuevas y diferentes ideas, formas de pensar distintas, infinitas posibilidades de aprendizaje,... Las ideas, la investigación, la innovación: todo lo encontrarás en inglés. Hasta los investigadores españoles tienen que publicar en inglés si quieren que sus trabajos sean conocidos. Nos guste o no la "lingua franca" de la Ciencia es el inglés. Pero no sólo de esa gente "rara" que hace investigación científica. Tamién en la Economía, las Artes,...
A los anglosajones les "va" mucho las charlas y los debates. Un sitio interesante para echar una ojeada es en TED Talks. Ahí encontrarás todo tipo de temas: ciencia, religión, educación, psicología, tecnología, artes, comunicación,...
Para empezar y animarte a que bucees en los remas que te gusten, sería interesante que vieras esta charla de TED Talks de Andrew Solomon. Una charla en la que vemos que lo diferente, lo distinto es enriquecedor, nos hace mejores seres humanos. Entonces, ¿por qué rechazar las diferencias? ¿por qué despreciar lo que no es como nosotros?
Tenéis la dirección del vídeo haciendo click aquí: Video de Andrew Solomon
Recuerda que puedes poner los subtítulos en español para ayudarte a entender.

Para que veas que en YouTube también puedes encontraar cosas interesantes, debates entre grandes figuras de la Ciencia y la Religión, aquí tienes otro video. Y sí también está en inglés, pero como hay gente muy maja por ahí, le han puesto subtítulos:



Claro que si lo que te interesan son los Multiversos, la Física Cuántica y quieres perderte en un espacio de 11 dimensiones, también tienes:

¡Hasta otra!

mércores, 15 de xaneiro de 2014

ACTIVIDADE 10: GIMP

Imos traballar cun programa de software libre para tratamento de imaxes: "The Gimp" ou "Gimp" a secas.

É un programa que permite tratar as imaxes e facer retoques fotográficos. Non é tan potente nin versátil como o Photoshop ou Corel PhotoPaint, pero para nós chegará dabondo. Incluso é moi utilizado polos profesionais.

O programa está pensado para manexar imaxes que son mapas de bits: bitmaps. Non se debe de confundir con programas de debuxo vectorial como Corel Draw (de pago) ou Inkscape (libre). Estes programas tratan con debuxos que son en realidade fórmulas matemáticas: son representacións gráficas de fórmulas matemáticas de tal xeito que podemos ampliar a imaxe moitísimo, pero segue a ter a mesma nitidez, aparecendo sempre igual. Esto non ocorre cos mapas de bits: a medida que facemos zoom sobre a imaxe iremos vendo os píxeles dos que está composta.

Toda imaxe dixital está formada por moitos puntos (píxeles).

Por exemplo a seguinte imaxe en bitmaps da palabra Hola! está formada por unha serie de cadriños negros sobre unha superficie de cadriños brancos. O "lienzo" sobre o que está feito a imaxe é de 50*18 pequenos cadros, en total 50*18 = 900 píxeles en total.



































  • RGB: Red-Green-Blue: consiste na combinación aditiva das tres cores primarias. É como se visualizan as cores na pantalla. Cada pixel está formado por tres puntos de cor, red, green e blue. Cada punto se pode axustar en 256 sombreados diferentes-intensidade de luz: valor 0 sen luz e máxima intensidade 255). Desta maneira se poden crear 16,7 millóns de matices distintos de cor: 256 vermellos· 256 azuis ·256 verdes= 16,7 millóns. É cor verdadeira. Profundidade = 8 bits · 3 canais = 24 bits


  • CMYK: Cyan(cian:azul claro)-Magenta(violeta)-Yellow-blacK: consiste na combinación substractiva das tres cores secundarias, engadindo a cor negra.cores. Se emprega na impresión de imaxes. É o que se chama cor verdadeira. Profundidade = 8 bits · 4 canais = 32 bits

  • Escala de grises de 8 bits ou de 16 bits.










TIPOS DE ARQUIVOS DE IMAXES.


Todas as imaxes vanse manexar con estes tipos principais de arquivos:







Tedes un video de iniciación. O autor ten máis videos sobre outras cousas relacionadas co Gimp:


HOWTO GIMP: Entendiendo la interfaz de Gimp from jEsuSdA on Vimeo.


      TRANSPARENCIA


Aínda que o extracto do manual que tes máis abaixo non traballe co GIMP podes coller unha boa idea do que é a transparencia e ademáis como conseguila. Xa sabes que cando queres inserir unha imaxe cun fondo de cor diferente "choca" co fondo do blog. O ideal é facelo transparente para que non se vexa e así a imaxe que queres ten o fondo do blog.

























ACLARACIÓNS DA TRANSPARENCIA
Hai varios métodos para obter unha imaxe con transparencia. Imos facer tres dependendo de diferentes situacións. É interesante que teñas en conta como facer isto xa que cando insiras imaxes no teu blog verás o interesante que é non ter "marcos" indesexados rodeando a imaxe e contrastando coa cor de fondo do blog.

I) IMAXE CON FONDO DUNHA COR DIFERENCIADA DO PRIMEIRO PLANO.
  1. Abrir imaxe.
  2. Capa>Transparencia>Engadir canal alfa.
  3. Seleccionar coa ferramenta Selección por color>seleccionar color de fondo da imaxe. Se hai que ir seleccionando por zonas, haberá que manter premida a tecla "Maiúsculas" para facer varias seleccións.
  4. Editar>Cortar
  5. Arquivo>gardar como>png ou gif
II) IMAXE CON CORES MOI SEMELLANTES NO FONDO E NO PRIMEIRO PLANO. Aquí non podemos seleccionar por cores: colleríamos píxeles do fondo e da imaxe que nos interesa!! Teremos que illar a imaxe do seu contorno.

  1. Abrir imaxe.
  2. Seleccionar coa ferramenta tesoira de selección.
  3. Copiar.
  4. Abrir un arquivo novo (arquivo 2). Engadir canle alfa: Capa>Transparencia>Engadir canle alfa.
  5. Neste arquivo 2: Capa>Transparencia>color a alfa> na fiestra que se abre : "desde"> escoller a cor do fondo (normalmente branco).
  6. Pegar a imaxe copiada neste  arquivo 2: Editar>Pegar como>capa nova.
  7. Mover a capa pegada coa ferramenta "Mover".
  8. Escalar a imaxe se é necesario. Seleccionar a capa pegada: Ferramentas>Ferramentas de transformación>Escalar. Axustar a man coas reixa ou de manera numérica nas caixas.
  9. Exportar a png ou gif.
III)IMAXE SIMPLE EN GIF OU EN JPG CON POUCAS CORES E TONALIDADES.
  1. Abrire a imaxe no programa Irfanview.
  2. Imaxe>Reducir a profundidade da cor a 64. Agora a imaxe ten colores indexados (cada cor numerada. Temos 64 cores e números correspondentes)
  3. Imaxe>Paleta>Editar paleta. Buscar a cor de fondo. Anotar o número de índice de cor (index).
  4. Gardar a imaxe en formato gif. Selecciona en opcións de gardado: "Gardar color transparente" e seleccionar o valor de transparencia na paleta ( o número de índice de cor)
AGORA SÓ QUEDA PRACTICAR!!!!!!!!

Para ter outros recursos e axudas recoméndovos estes videos que atopei nun enderezo que parece interesante: Funcionarios Eficientes






Tamén atopei isto que seguro que vos vai gustar. Non é a "transparencia" que estamos a traballar, pero é moi efectista!!!:

martes, 17 de decembro de 2013

ACTIVIDADE 9: INFOGRAFÍAS

Vídeo na rede sobre privacidade. podemos comentalo e facer un traballo de infografía sobre el:  


Sobre as infografías... 
Imos facer un traballo con imaxes: as infografías. Wikipedia define a infografía como: "La infografía es una representación más visual que los propios textos, en la que intervienen descripciones, narraciones o interpretaciones, presentadas de manera gráfica normalmente figurativa, que pueden o no coincidir con grafismos abstractos y/o sonidos. La infografía nació como un medio de transmitir información gráficamente".
Un exemplo de infografía podería ser:



Google Drive  ten unha ferramenta que vos permite traballar con imaxes. Podemos traballar todos con ela para unificar o método. Tamén podedes empregar Openoffice Draw, Impress, Gimp...
Tamén na Rede hai servicios gratuitos queche permiten crear infografías. Os siguientes son especialmente interesantes, xa sexa polo sinxelo da súa interface ou pola diversidade de opcións que  ofrecen:
Infogr.am
Visual.ly
Easelly
Piktochart

Hai moita información na rede sobre como facer unha boa infografía, adxunto tedes un esquema con consellos para organizarse e consellos, máis abaixo do que non debedes facer... 
Aquí tedes unhas normas básicas:




Aquí tedes uns apuntamentos finais que vos poden axudar: