martes, 22 de outubro de 2013

ACTIVIDADE 4: POSTS CON AUDIO

ACTIVIDADE 4: POSTS CON AUDIO

Aquí tedes un reproductor de audio mp3. Como no video hai que copiar o código html do reproductor e pegalo no post en modo HTML.
Podedes atopar reproductores co código HTML en: http://flash-mp3-player.net
Claro que así só teredes o reproductor coa música de mostra. Se queredes arquivos vosos, teredes que darvos de alta e acceder a DROPBOX. Alí na carpeta "Public" creades unha carpeta "Music" e ides metendo os arquivos mp3 que desexades para o voso blog.
Despois hai que copiar a dirección do arquivo mp3 aloxado en DROPBOX no código do reproductor en HTML. O problema é atopar a etiqueta e o valor onde hai que pegar a URL do arquivo. Mellor velo na clase.
Ata outra!!

domingo, 20 de outubro de 2013

ACTIVIDADE 3: INSERCIÓN DE IMAXES E VIDEOS

ACTIVIDADE 3: INSERCIÓN DE IMAXES E VIDEOS

IMAXES: Teredes que insertar imaxes no blog. É moi sixelo xa que tedes a icona de inserción de imaxes en modo Redacción. O único é que tedes que ter gardada na vosa carpeta a imaxe que queredes insertar. Podédela descargar de Flick Creative Commons. Se colledes fotos na modalidade "Attributtions" non haberá problemas co copyright xa que son imaxes de libre uso. Agora non ten moita importancia, pero se ides facer un blog serio e vos facedes famosos, seguro que non vos apetecerá ter problemas cos autores.
A imaxe se pode insertar con distintos tamaños, alinear, .... Investiga seleccionándoa e premendo o botón secundario para ver as opcións.

VIDEOS: Tedes videos de titoriales de BLOGGER en youtube. Trátase de rebuscar ata atopar algún bo que che axude a desenvolver toda a capacidade do programa.
Teredes que saber insertar videos no voso propio blog e non só enlaces a youtube. O xeito é ir a youtube e buscar o video que che interese. Despois terás que seguir os seguintes pasos.

  1. Ide a YOUTUBE e seleccionade o video que vos interese colocar no voso blog.
  2. Premer o botón Compartir. Verás despregados os botóns "Caixa de texto" e "Insertar"
  3. Premer o botón Insertar
  4. Copiar o código que aparece na caixa. (Seleccionao e preme Ctrl + C)
  5. Observa outras posibles opcións.
  6. No post debes cambiar a modo HTML (non se pode pegar directamente en modo Redactar). Non te preocupes do que vexas aí, son códigos que xa estudaremos. Todo parece diferente: non hai formato de texto, desapareceron as imaxes,... 
  7. Coloca o cursor onde queras insertar o video.
  8. Pulsar Intro para separar o código do texto.
  9. Pegar (Ctrl + V) o código.
  10. Volver ao modo Redactar.
  11. Nunca esquezas gardar os cambios importantes que vas facendo.
  12. Volve ao modo Redacción. ¿Aparece o video?
¿Doado, non sí?


mércores, 16 de outubro de 2013

AVISO IMPORTANTE!!!

Estou a comprobar os correos que me mandastes. ¡¡¡AÍNDA HAI XENTE QUE NON ME MANDOU O SEU ENDEREZO DE CORREO !!!!

Moi mal os que nin sequera mandastes o voso correo. Así vamos mal. Para o venres quero ter todos. Non teño a lista de todos vos, pero así de memoria faltan as direccións de Brais e Paula.

Cambiando de tema: Se están a dar os premios Nobel. Para que vexades que o mundo da ciencia non é tan aburrido recoméndovos estes Nobel alternativos. Soen ser moi graciosos. Incluso as entregas se poden ver por you tube. A dirección da web é: http://www.improbable.com/category/ig-nobel/

Por outro lado puxen na lista de blogs uns  blogs premiados  DE MODA para que vexades a estética, o deseño, a colocación de gadgets,...Ahí terán que ir os vosos cando teña a dirección dos vosos blogs. POR CERTO TEDES QUE MANDALA nun correo electrónico.
 Atopei outros blogs premiados en: http://blog.rtve.es/premiosbitacoras/2012/11/finalistas-mejor-blog-de-ciencia.html Podedes ir para ver como o fan outros. Fixádevos na estrutura, deseño, colocación dos gadgets,... Non importa tanto o que din.
Ata outra e traballade como estas esquíos de terra!!!!!
¡¡Que dura é a vida!!
¡¡Que dura é a vida!!

¡¡saca axiña a foto que me teño que ir a roer por aí!!
¡¡Facendo amigos!!





domingo, 13 de outubro de 2013

ACTIVIDADE 2: CORREO GMAIL E BLOG

ACTIVIDADE 2: CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO, UN AVATAR E INICIAR UN BLOG

Unha vez que teñas unha conta de correo en gmail, tes que crear un avatar e usalo como a túa imaxe na conta (procura que se lle pareza, pero non fai falta que sexa cuspidiño a ti!!!)
O seguinte paso é a creación dun blog. Deberás enviarme a dirección, así como crear dentro do teu blog un listado dos blogs dos teus compañeiros.
Recorda que na internet sempre poderás atopar axuda para resolver as dúbidas. Por exemplo para iniciar o blog tedes una referencia en: https://support.google.com/blogger/answer/1623800?hl=en
Ánimo!!



ACTIVIDADE 1: REPASO WORD

ACTIVIDADE 1: EXERCICIOS DE REPASO DE WORD

Tedes que facer un traballo de repaso de word. É imprescindible saber formatear un texto e facer deseños, saber traballar con táboas, esquemas, etc.
Tedes que entregar no meu correo, nun arquivo zip, unha carpeta co voso nome, apelidos e a palabra "word", os seguintes traballos:

  • Traballo de formateado básico: texto con destrezas básicas.
  • Uso de táboas: horario de clase.
  • Uso de tabulacións: directorio de teléfonos.
  • Uso de cadros de texto e formas: mapa conceptual do método científico.
Seguro que vos resulta moi doado xa que teño entendido que sodes uns expert@s na materia!!!

Para os despistados lles recordo que a miña dirección de correo é:

alejandroinformatica4abc@gmail.com

INICIO

Imos comunicarnos co blog para ver os traballos que teredes que facer. Colocaredes os vosos traballos no voso blog coma se fose unha libreta de actividades. Tamén vos irei comentando o que hai que ir facendo a través do meu blogue.

O meu blogue é: http://alejandroinformatica4abc.blogspot.com.es 
Outro xeito de  ir ao blog é facendo clic aquí: Alejandro.

Aí atoparedes información das actividades que teredes que facer ao longo do curso. Como e onde atopar recursos, axuda, ...Tamén como hai que facer os traballos e cando haberá que entregalos. Tamén poderedes plantexar cuestións, comentarios,...

Sempre recorda a miña dirección de correo: alejandroinformatica4abc@gmail.com que podes enlazar aquí ou na imaxe do buzón:


Un saúdo e ánimo!!