mércores, 15 de xaneiro de 2014

ACTIVIDADE 10: GIMP

Imos traballar cun programa de software libre para tratamento de imaxes: "The Gimp" ou "Gimp" a secas.

É un programa que permite tratar as imaxes e facer retoques fotográficos. Non é tan potente nin versátil como o Photoshop ou Corel PhotoPaint, pero para nós chegará dabondo. Incluso é moi utilizado polos profesionais.

O programa está pensado para manexar imaxes que son mapas de bits: bitmaps. Non se debe de confundir con programas de debuxo vectorial como Corel Draw (de pago) ou Inkscape (libre). Estes programas tratan con debuxos que son en realidade fórmulas matemáticas: son representacións gráficas de fórmulas matemáticas de tal xeito que podemos ampliar a imaxe moitísimo, pero segue a ter a mesma nitidez, aparecendo sempre igual. Esto non ocorre cos mapas de bits: a medida que facemos zoom sobre a imaxe iremos vendo os píxeles dos que está composta.

Toda imaxe dixital está formada por moitos puntos (píxeles).

Por exemplo a seguinte imaxe en bitmaps da palabra Hola! está formada por unha serie de cadriños negros sobre unha superficie de cadriños brancos. O "lienzo" sobre o que está feito a imaxe é de 50*18 pequenos cadros, en total 50*18 = 900 píxeles en total.



































  • RGB: Red-Green-Blue: consiste na combinación aditiva das tres cores primarias. É como se visualizan as cores na pantalla. Cada pixel está formado por tres puntos de cor, red, green e blue. Cada punto se pode axustar en 256 sombreados diferentes-intensidade de luz: valor 0 sen luz e máxima intensidade 255). Desta maneira se poden crear 16,7 millóns de matices distintos de cor: 256 vermellos· 256 azuis ·256 verdes= 16,7 millóns. É cor verdadeira. Profundidade = 8 bits · 3 canais = 24 bits


  • CMYK: Cyan(cian:azul claro)-Magenta(violeta)-Yellow-blacK: consiste na combinación substractiva das tres cores secundarias, engadindo a cor negra.cores. Se emprega na impresión de imaxes. É o que se chama cor verdadeira. Profundidade = 8 bits · 4 canais = 32 bits

  • Escala de grises de 8 bits ou de 16 bits.










TIPOS DE ARQUIVOS DE IMAXES.


Todas as imaxes vanse manexar con estes tipos principais de arquivos:







Tedes un video de iniciación. O autor ten máis videos sobre outras cousas relacionadas co Gimp:


HOWTO GIMP: Entendiendo la interfaz de Gimp from jEsuSdA on Vimeo.


      TRANSPARENCIA


Aínda que o extracto do manual que tes máis abaixo non traballe co GIMP podes coller unha boa idea do que é a transparencia e ademáis como conseguila. Xa sabes que cando queres inserir unha imaxe cun fondo de cor diferente "choca" co fondo do blog. O ideal é facelo transparente para que non se vexa e así a imaxe que queres ten o fondo do blog.

























ACLARACIÓNS DA TRANSPARENCIA
Hai varios métodos para obter unha imaxe con transparencia. Imos facer tres dependendo de diferentes situacións. É interesante que teñas en conta como facer isto xa que cando insiras imaxes no teu blog verás o interesante que é non ter "marcos" indesexados rodeando a imaxe e contrastando coa cor de fondo do blog.

I) IMAXE CON FONDO DUNHA COR DIFERENCIADA DO PRIMEIRO PLANO.
  1. Abrir imaxe.
  2. Capa>Transparencia>Engadir canal alfa.
  3. Seleccionar coa ferramenta Selección por color>seleccionar color de fondo da imaxe. Se hai que ir seleccionando por zonas, haberá que manter premida a tecla "Maiúsculas" para facer varias seleccións.
  4. Editar>Cortar
  5. Arquivo>gardar como>png ou gif
II) IMAXE CON CORES MOI SEMELLANTES NO FONDO E NO PRIMEIRO PLANO. Aquí non podemos seleccionar por cores: colleríamos píxeles do fondo e da imaxe que nos interesa!! Teremos que illar a imaxe do seu contorno.

  1. Abrir imaxe.
  2. Seleccionar coa ferramenta tesoira de selección.
  3. Copiar.
  4. Abrir un arquivo novo (arquivo 2). Engadir canle alfa: Capa>Transparencia>Engadir canle alfa.
  5. Neste arquivo 2: Capa>Transparencia>color a alfa> na fiestra que se abre : "desde"> escoller a cor do fondo (normalmente branco).
  6. Pegar a imaxe copiada neste  arquivo 2: Editar>Pegar como>capa nova.
  7. Mover a capa pegada coa ferramenta "Mover".
  8. Escalar a imaxe se é necesario. Seleccionar a capa pegada: Ferramentas>Ferramentas de transformación>Escalar. Axustar a man coas reixa ou de manera numérica nas caixas.
  9. Exportar a png ou gif.
III)IMAXE SIMPLE EN GIF OU EN JPG CON POUCAS CORES E TONALIDADES.
  1. Abrire a imaxe no programa Irfanview.
  2. Imaxe>Reducir a profundidade da cor a 64. Agora a imaxe ten colores indexados (cada cor numerada. Temos 64 cores e números correspondentes)
  3. Imaxe>Paleta>Editar paleta. Buscar a cor de fondo. Anotar o número de índice de cor (index).
  4. Gardar a imaxe en formato gif. Selecciona en opcións de gardado: "Gardar color transparente" e seleccionar o valor de transparencia na paleta ( o número de índice de cor)
AGORA SÓ QUEDA PRACTICAR!!!!!!!!

Para ter outros recursos e axudas recoméndovos estes videos que atopei nun enderezo que parece interesante: Funcionarios Eficientes






Tamén atopei isto que seguro que vos vai gustar. Non é a "transparencia" que estamos a traballar, pero é moi efectista!!!:

Ningún comentario:

Publicar un comentario