ACTIVIDADE 2: CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO, UN AVATAR E INICIAR UN BLOG
Unha vez que teñas unha conta de correo en gmail, tes que crear un avatar e usalo como a túa imaxe na conta (procura que se lle pareza, pero non fai falta que sexa cuspidiño a ti!!!)
O seguinte paso é a creación dun blog. Deberás enviarme a dirección, así como crear dentro do teu blog un listado dos blogs dos teus compañeiros.
Recorda que na internet sempre poderás atopar axuda para resolver as dúbidas. Por exemplo para iniciar o blog tedes una referencia en: https://support.google.com/blogger/answer/1623800?hl=en
Ánimo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario